jueves, 25 de septiembre de 2008

As X.S.G da Coruña convocan para o día 10 de outubro unha asemblea ordinaria.

Saúde, socialismo e república!

martes, 23 de septiembre de 2008

O próximo xoves 25 de setembro, ás 20:00 horas, na sede da "Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos" (R/San Andrés, 36), o Alcalde da Coruña pronunciará a conferencia "A Coruña, hoy" dentro do ciclo "A Coruña, presente y futuro. 800 Aniversario".

martes, 9 de septiembre de 2008

MÍTIN CORUÑA

O vinderio venres, día 12, celebrarase no Hotel Finisterre da Coruña un mítin socialista. Participará Emilio Pérez Touriño e Javier Losada Azpiazu. Este mítin ten como obxectivo conmemorar o 3º aniversario do Goberno socialista.

Esperamos a vosa asistencia compañeiros!

sábado, 23 de agosto de 2008

Ex-Secretarios Xerais das Xuventudes Socialistas da Coruna (segunda parte): Alberto


Por que socialista?


Hai cousas que non se elixen. Eu atopei o Socialismo na vida. O teu entorno e a tua personalidade condicionante a levar un determinado modo de vida, e cando este coincide cos ideais socialistas e moi doado acabar militando e levando esa militancia a un dos eixos centrais da vida.

Cando e por que decidiches militar en XSG?


Cando tiña 16 anos. Fun un día con Loli a agrupación local de Lugo, gustoume o que vin e afilieime.

Como valoras a túa aportación ás XSG e á Agrupación Coruñesa?

A miña aportación foi a de calquera militante comprometido. Quedome co que as XSG me aportaron a min a traves de persoas as que coñecin nas XSG.

Que rectificarías e que mellorarías do teu labor como S. Xeral da Coruña?

Nada. Todo tivo o seu momento, algunhas cousas foron mellores a outras peores, pero fixemos o que tiñamos que facer. Puidenme ir antes...

O futuro do socialismo en Galicia, España e Europa?

A adaptación os tempos. Os novos retos. A realidade internacional.

Algo que che indigna.

O que todos supoñedes froito de facer do socialismo un modo de vivir, e Aznar, e velo e indignome, non me pasa con ninguen mais.

Un momento histórico que che gustaría vivir.


Ver Presidente/a da Xunta con maioria absoluta a alguen que sinta Galicia de verdade.

Un ideal político a acadar. A túa causa.

A igualdade do ser humano en todas as republicas democráticas de traballadores do mundo.

Un referente político e por que?


Loli, por que para iso é a nosa lider

Unha cita.

O novo testamento esta cheo de citas marabillosas de amor e fraternidade, dende poñer a outra meixela ata perdoar a crucifixión.

Unha bandeira.


A das XSG, por que nela se concentran o galegismo, o republicanismo e todos os valores que defenden os que creen nun mundo mellor.

lunes, 28 de julio de 2008


FIN DO 11º CONGRESO DO PSdeG



O domingo 26 clausurouse o 11º Congreso do PSdeG. Neste Congreso, celebrado en Santiago, foi elixido como Secretario Xeral Emilio Pérez Touriño. Renovouse a Executiva Nacional e entraron caras novas. Ente elas: Loli, Secretaria Xeral de XSG; o noso compañeiro Iván e alcalde de Fene; e Mar Barcón, Secretaria de Organización da Agrupación Coruñesa e, dende agora, Secretaria de Organización do PSdeG.



Como é habitual, creáronse diversas comisións para enmendar diferentes aspectos da Ponencia Marco.

viernes, 25 de julio de 2008


11º CONGRESO DO PSdeG



Os días 26 e 27, celebrarase o 11º Congreso do PSdeG. Neste Congreso farase unha renovación dos órganos de dirección e procederase a debatir as enmendas feitas polas Agrupacións Locais e polas XSG á Ponencia Marco.


As XSG presentarán 206 enmendas sobre diferentes aspectos: maior federalismo e autonomía; aposta polo republicanismo; compromiso ambiental; defensa do feminismo; inmersión nas novas tecnoloxías; maior participación e democracia interna; abolición da prostitución; legalización da eutanasia; Lei de Prazos e maior protección para as mulleres que abortan; etc.


Este Congreso celébrase xusto no momento no que o PSdeG goberna Galicia. É, polo tanto, un Congreso que debe axudar ao Partido a seguir gañando eleccións na nosa Autonomía e seguir cambiando e mellorando a nosa Terra.


Outro obxetivo das XSG é aumentar a súa forza no Partido nos asuntos que afecten á mocidade galega. Un maior peso nos órganos internos é a crave.

jueves, 24 de julio de 2008


DÍA NACIONAL DE GALICIA



Mañá, 25 de xullo, celébrase o Día Nacional de Galicia. Unha festividade na que se celebra o caracter nacional de Galicia e onde se reivindica unha maior autonomía política para a nosa Terra.


Neste momento, Galicia e os socialistas estamos a pasar por un proceso de reflexión política a cerca do noso futuro. Os socialistas, como unha parte da poboación galega, reivindicamos un Estado federal onde se recoñeza a identidade propia de Galicia. O día de mañá é perfecto para insistir no que somos: federalistas e galeguistas. Cremos nestes conceptos, xa que pensamos que son os máis xustos e os que necesita a nosa Terra para seguir mellorando e para ser un dos centros da vangarda social e económica de España e de Europa.


No día de mañá tamén debemos facer fincapé no noso desexo de dotarnos dun mellor Estatuto. Un Estatuto que conteña os principios socialistas, federalistas e galeguistas. Un gran Estatuto para unha GRAN TERRA!

domingo, 29 de junio de 2008





Por que socialista? Por que para min o socialismo representa o modelo de sociedade, de mundo no que quero vivir: con respeto, liberdade, igualdade, solidariedade...

Cando e por que decidiches militar en XSG? O meu primeiro contacto con XSG foi ao chegar á Universidade. Coñecín a moitos e moitas compañeiros e compañeiras que me fixeron ver que para cambiar o mundo hai que moverse. E así decidín afiliarme porque xuntos/as podemos traballar mellor.

Como valoras a túa aportación ás XSG e á Agrupación Coruñesa? Esta pregunta é complicada, ou quedo de demasiado sobrada ou vou de modesta ... mmm... ha ha ha ... en serio, tódolos compañeiros e compañeiras de XSG son fundamentais no traballo diario das agrupacións locais. Eu aportei tódalas miñas ganas de traballar, toda a miña ilusión, as miñas ideas, o meu apoio en tódalas actividades... o mesmo que os/as demais.

Que rectificarías e que mellorarías do teu labor como S. Xeral da Coruña? Probablemente se voltase atrás tentaría de dispoñer de máis tempo para traballar pola agrupación, facer máis cousas... supoño que sempre cando rematas unha etapa da vida é cando veñen as ideas que deberían ter chegado antes...

O futuro do socialismo en Galicia, España e Europa? Pódese ver nas rúas, a xente cada día, sobre todo a mocidade cada vez están máis identificados co modelo socialista. Non queren un goberno adicado e preocupado a uns poucos, os avances nas políticas sociais, as melloras na sanidade, na educación... iso é o que a sociedade necesita e iso é o que ofrece o socialismo.

Algo que che indigna. Os ataques contra os dereitos fundamentais, a violencia, a mentira... en definitiva, os grandes males do mundo.

Un momento histórico que che gustaría vivir. O fin das desigualdades, da fame, das guerras...

Un ideal político a acadar. A túa causa. Un mundo mellor. Un mundo onde todos podamos crecer, estudar, traballar e vivir en paz e dignamente.

Un referente político e por que? Hai moitos... sempre tiven como referentes a tódalas persoas que loitaron sen medo pola súa liberdade porque crían nela, porque sabían que non podía ser de outra maneira.

Unha cita. “Saber é relativamente fácil. Querer e obrar acorde ao que un quixera é sempre máis duro” . É de Aldous Huxley.

Unha bandeira. A republicana.

viernes, 27 de junio de 2008

Onte, 26 de xuño, a Executiva das Xuventudes Socialistas da Coruña, mantivemos unha reunión con Javier Losada, Secretario Xeral da Agrupación Socialista coruñesa.

En primeiro lugar, as XSG expresámoslle o noso desexo de crear un Consello da Xuventude da Coruña. Deste xeito, os mozos e mozas coruñeses gozarán dun órgano autoxestionado para desenvolver políticas e actuacións para os mozos e mozas da ciadade.

En segundo lugar, expresámolle a Javier Losada a nosa intención de colaborar coas diferentes actuacións que desenvolverá o Concello para poñer en funcionamento a nova ordenanza municipal que pretende regular os espazos públicos.

Finalmente, as XSG expresaron a súa vontade de utilizar e impulsar os Centro Cívicos da nosa cidade para que os mozos e mozas gocen das súas vantaxes.


As XSG cualifican a reunión como un paso máis para que a nosa organización estea máis presente na sociedade civil grazas ás diferentes actuacións que desenvolveremos a medio prazo.

lunes, 23 de junio de 2008


O vindeiro xoves 26, as XSG da Coruña manteremos unha reunión con Javier Losada, en calidade de Secretario Xeral da Agrupación Socialista Coruñesa.

As XSG trasmitirémoslle as peticións da nosa organización política a nivel coruñés.

Posteriormente haberá, probablemente, unha rolda de prensa de Francisco Díaz, Secretario Xeral das XSG da Coruña, con Javier Losada.