lunes, 28 de julio de 2008


FIN DO 11º CONGRESO DO PSdeG



O domingo 26 clausurouse o 11º Congreso do PSdeG. Neste Congreso, celebrado en Santiago, foi elixido como Secretario Xeral Emilio Pérez Touriño. Renovouse a Executiva Nacional e entraron caras novas. Ente elas: Loli, Secretaria Xeral de XSG; o noso compañeiro Iván e alcalde de Fene; e Mar Barcón, Secretaria de Organización da Agrupación Coruñesa e, dende agora, Secretaria de Organización do PSdeG.



Como é habitual, creáronse diversas comisións para enmendar diferentes aspectos da Ponencia Marco.

viernes, 25 de julio de 2008


11º CONGRESO DO PSdeG



Os días 26 e 27, celebrarase o 11º Congreso do PSdeG. Neste Congreso farase unha renovación dos órganos de dirección e procederase a debatir as enmendas feitas polas Agrupacións Locais e polas XSG á Ponencia Marco.


As XSG presentarán 206 enmendas sobre diferentes aspectos: maior federalismo e autonomía; aposta polo republicanismo; compromiso ambiental; defensa do feminismo; inmersión nas novas tecnoloxías; maior participación e democracia interna; abolición da prostitución; legalización da eutanasia; Lei de Prazos e maior protección para as mulleres que abortan; etc.


Este Congreso celébrase xusto no momento no que o PSdeG goberna Galicia. É, polo tanto, un Congreso que debe axudar ao Partido a seguir gañando eleccións na nosa Autonomía e seguir cambiando e mellorando a nosa Terra.


Outro obxetivo das XSG é aumentar a súa forza no Partido nos asuntos que afecten á mocidade galega. Un maior peso nos órganos internos é a crave.

jueves, 24 de julio de 2008


DÍA NACIONAL DE GALICIA



Mañá, 25 de xullo, celébrase o Día Nacional de Galicia. Unha festividade na que se celebra o caracter nacional de Galicia e onde se reivindica unha maior autonomía política para a nosa Terra.


Neste momento, Galicia e os socialistas estamos a pasar por un proceso de reflexión política a cerca do noso futuro. Os socialistas, como unha parte da poboación galega, reivindicamos un Estado federal onde se recoñeza a identidade propia de Galicia. O día de mañá é perfecto para insistir no que somos: federalistas e galeguistas. Cremos nestes conceptos, xa que pensamos que son os máis xustos e os que necesita a nosa Terra para seguir mellorando e para ser un dos centros da vangarda social e económica de España e de Europa.


No día de mañá tamén debemos facer fincapé no noso desexo de dotarnos dun mellor Estatuto. Un Estatuto que conteña os principios socialistas, federalistas e galeguistas. Un gran Estatuto para unha GRAN TERRA!