miércoles, 29 de octubre de 2008

O 61% DOS TRABALLADORES TEÑEN UN EMPREGO SEN RELACIÓN COS SEUS ESTUDOS

Seis de cada dez traballadores teñen un emprego "pouco ou nada" relacionado cos seus estudos e para o 23% deles o motivo é que o seu posto actual está mellor retribuido que aqueles máis ligados á súa formación académica, informou a empresa de recursos humanos Alta Gestión.

O 39% dos enquisados argumenta tamén como motivo non ter atopado un posto acorde coa súa formación. Un 11% explica que ao comezar a traballar no que estudara deuse conta de que non era o que lle gustaba.

Por sexos, case a metade das mulleres atoparon un traballo acorde cos seus estudos, frente ao 29% dos homes.

Por idades, os mozos entre 18 e 24 anos e os maiores de 45 son os que afirman desenvolver, na súa maior parte, traballos non relacionados cos seus estudos.

No que se refire á distribución xeográfica, os vascos son os que teñen en maior medida un traballo acorde coa súa formación (59%). En cambio, os galegos somos os antepenúltimos (24%).


Bernabé González
Secretario de Emprego e Vivenda