sábado, 26 de enero de 2008

jueves, 24 de enero de 2008

Información da Nacional

Estimados/as compañeiros/as

Pola presente convocámosvos ó acto de presentación de candidaturas de a provincia de A Coruña para as eleccións Xerais de Marzo, que terá lugar o vindeiro VENRES 25 de Xañeiro no Hotel Finisterre de A Coruña ás 20.00 da tarde.

Neste acto está previsto que haxa unha GRADA XOVEN.

miércoles, 23 de enero de 2008

jueves, 17 de enero de 2008

Video de ZP

Ola amigos e amigas:

Hoxe preséntase un novo vídeo de Zapatero que se poderá ver no portal electoral que vai abrir YouTube. O vídeo pódelo ver xa na web electoral http://www.lamiradapositiva.es/ na canle de YouTube http://www.youtube.com/psoe e tamén na nosa televisión en Internet http://www.psoetv.es/
Tamén o podes descargar para colgalo no teu blog ou enviárllo aos teus amigos na área de ‘descargas’ de PSOE TV http://www.psoetv.es/



Bernabé González

Secretario de Comunicación e Formación

viernes, 11 de enero de 2008

miércoles, 9 de enero de 2008

Actividade xoves noite

Boas tardes a todas e todos!!
Este xoves 10 de Xaneiro levarase a cabo a actividade "Unha botella=un condón". Estaremos na praza do humor sobre as 2 da madrugada para facer "os intercambios".
Esperamos a vosa participación!!!
Animádevos!!!

martes, 8 de enero de 2008

Sobre Educación para a Cidadanía

A inclusión na LOE dun área denominada Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos provocou unha espiral de reaccións, procedentes da xerarquía eclesiástica e conservadora, nas que se afirma que esta medida, para eles unha imposición, supón un intento do Goberno por implantar un sistema co que adoutrinar ós estudantes e levalos ó lado da ideoloxía que “preconiza”.

Levamos meses vendo que estes sectores da educación, na súa maioría da man do catolicismo, organizaron diferentes plataformas para frear a súa implantación e levando ó debate o tema de relixión nas escolas si, relixión non. Por certo, que segue nas escolas polos acordos do Concordato, incumprindo o laicismo recollido na Constitución.

Esta materia non é unha imposición, senón a vontade da maioría, e podemos avanzar nos seus contidos e estrutura, insistindo que non constitúe un barullo de ideas de partido ou de Goberno. Entendemos que a ensinanza dos Dereitos Humanos debería selo como conquista da humanidade, non como un dogma. Esta é a idea que reflicten os diferentes manuais da materia.

Para nós, esta área debe buscar a formación para a información e o coñecemento, a información para a opinión, e a opinión para a participación e a crítica social. Estas son as bases sobre as que se asenta unha sociedade onde os cidadáns son responsables e tratan de traballar en torno ó diálogo, o consenso e o acordo.

Fase necesario unha materia que ensine e potencie os valores cidadáns e o seu exercicio práctico, e que potencie tamén a práctica mesma destes no aula, a través da entrada doutros actores da cidadanía, como os movementos asociativos.

Esta é a nosa posición, si á educación para a cidadanía, e estaremos dispostos a defendela ante aqueles que a etiquetan de imposición do Goberno socialista, sempre dentro das formas e regras da democracia, da limpeza do debate público, igual que seguimos reivindicando que a regulación final da ensinanza das relixións quede exenta de optativa algunha, o que reforza, de novo, o exercicio da liberdade de cada cal para formarse nos valores relixiosos que desexe.

Sabede que esta agrupación informará do contido desta materia ó longo deste ano académico, antes da entrada no plan de estudos galego, realizando unha simulación dunha clase de Educación para a Cidadanía nunha praza da Coruña.
Pablo Otero
Secretario de Educación

lunes, 7 de enero de 2008

domingo, 6 de enero de 2008

Nota de Prensa

XORNADA DE CONCIENCIACIÓN A PROL DA RECOLLIDA DE REFUGALLOS E A SAÚDE SEXUAL

As Xuventudes Socialistas de A Coruña (XSG-A Coruña) levaremos a cabo o xoves, día 10, un acto na Praza do Humor a partir das 2:00 da madrugada co propósito de instalar unhas mesas nunha esquina da Praza para que a mocidade que o desexe entréguenos os seus refugallos (botellas, vasos, etc) para depositalos nos seus respectivos colectores. Ao mesmo tempo, a cada mozo e moza que colabore darémoslle un preservativo e información sanitaria complementaria.
Deste xeito, as XSG-A Coruña comprométense coa loita polo respecto ao medio ambiente, un dos maiores problemas do planeta, e coa seguridade nas relacións sexuais da mocidade da nosa cidade.

viernes, 4 de enero de 2008

Grupo de Traballo para a Campaña Electoral en Santiago

Onte celebrouse en Santiago a primeira sesión do Grupo de Traballo para a elaboración da Campaña Electoral das XSG para as Eleccións Xerais do 9 de marzo.



Dende Coruña fomos Lucía e Bernabé, á parte dos nosos representantes na Executiva Nacional.
Neste Grupo presentáronse diversas e numerosas propostas para desenvolver na nosa propia Campaña. Foron moitas persoas, sobre unhas 26, pero a maior representación e máis activa foi a de Vigo. É certo que foi unha reunión moi fructífera, pero foi unha mágoa que dende Coruña non fora máis militancia e , deste modo, propuxéramos máis ideas e leváramos as rendas da reunión coas nosas propostas.



Deste modo, pedímosvos unha maior participacións nas actividades, na medida das vosas posibilidades, nos actos que desenvolvamos no futuro e, sobre todo, na Campaña Electoral.



Finalmente, recibiredes en breves un resumo das propostas nos vosos correos. O Grupo de Traballo non está pechado, toda persoa que desexe colaborar e participar nas seguintes reunións pode.


Bernabé González
Secretario de Comunicación e Formación

miércoles, 2 de enero de 2008