viernes, 28 de marzo de 2008

O que nos deparou o 9-M

Levamos xa moitos días de intensos análises sobre o resultado das Xerais. É evidente o aumento do bipartidismo, aínda que nun principio parecía case imposible o aumento dos dous grandes partidos simultaneamente. ¿A quen prexudica? Ó nacionalismo principalmente, pero non hai que esquecer o caso de IU, principal prexudicada pola inxusta lei electoral que debe ser modificada nesta lexislatura.

O discurso do PP calou entre moita xente e, grazas a isto, puido mellorar os seus resultados. Sen embargo, se analizamos as comunidades onde ascendeu levámonos cunha sorpresa: soamente naquelas onde xa era forza hexemónica, como Madrid, Murcia e Valencia , Rajoy convenceu á dereita e non gañou ningún voto pola esquerda. No resto de España, salvo excepcións, baixou en apoios, aínda que non en número de escanos. Non volverán gobernar mentres non arranxen o problema que teñen en Cataluña e Euskadi, onde non son ás veces nin a terceira forza política. No caso de Andalucía xa deron mostras de cambiar o seu desastre habitual.

Polo contrario, o PSOE subiu máis homoxeneamente en toda España, sobre todo en Euskadi e Cataluña. ¿Que quedou do ‘Se Rompe España’?

Caso destacable é tamén o de Rosa Díez, con máis de 300.000 apoios en todo o Estado e só un escano por Madrid. Algúns expertos din que prexudicou máis á esquerda, visto o descenso do PSOE e IU en Madrid, pero diferentes estudos din que sacou votos sobre todo en barrios de clase media - alta, onde descendeu o PP. Haberá que ver a quen apoia ó longo da lexislatura e se consolida a terceira vía que tanto propaga. Case me esquecía, se a lei electoral fora máis xusta UPyD tería 4 escanos… ¿deberiamos preocuparnos?


Pablo Otero
S. de Educación e Universidade

jueves, 27 de marzo de 2008

PREMIO LITERARIO NARRA-BREVE 2008

A Agrupación Socialista Coruñesa, co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, convoca unha nova edición do Premio Literario Narra-Breve 2008. Neste premio poderán participar mozos e mozas entre 14 e 18 anos e maiores de 18.

O prazo para a presentación dos traballos escritos en galego rematará o 24 de abril e a resolución do xurado farase pública o 15 de maio. O premio para a categoría de 14 a 18 será de 400 euros e un diploma de honor e para a categoría de maiores de 18 anos será de 500 euros e un diploma de honor. A entrega dos premios realizarase o 23 de maio ás 20:15 horas na sede da Agrupación Socialista Coruñesa.

As bases do concurso pódense atopar na seguinte ligazón (no documento relacionado) : http://www.psoe.es/ambito/coruna/news/index.do?action=View&id=184577

lunes, 10 de marzo de 2008

Continúa o espírito de Zapatero...


Onte celebrouse a "festa" da democracia. A participación volveu acadar cotas moi altas (case un 76%), co que se afianza a democracia no noso Estado e na nosa cidadanía.


Nesta "festa", foi o PSOE o partido máis votado, incrementando o seu número de votantes e de deputados. Neste momento, o PSOE, con Zapatero á cabeza, ten unha maioría máis ampla, o que lle facilita unha actividade lexislativa máis cómoda.


Na nosa Comunidade, o PSOE volveu aumentar o seu número de votos, así como na Provincia e na cidade da Coruña (onde foi gañador).


No Senado, o PSOE recorta enormemente as súas distanzas co PP, o que lle posibilita unha actividade lexislativa moito máis cómoda que a anterior, evitando a lentitude na aprobación de leis.

Na nosa Provincia, o Partido Socialista mantén o seu Senador (Javier Losada, coa súa suplente, a nosa S.Xeral de XSG, Loli).


Por último, agradecer a todos os militantes e simpatizantes de XSG que fixéstedes isto posible e que loitástedes na nosa Comunidade pola vitoria. Un traballo que foi recompensado atendendo aos resultados.

Agradecer tamén á cidadanía a confianza que depositou en José Luís Rodriguez Zapatero para seguir sendo o Presidente de España e seguir desenvolvendo o seu proxecto socialista, de esquerdas e que loita pola liberdade e a igualdade entre todos e todas.


Finalmente, dedicarlle esta vitoria a Isaías Carrasco, que seguro que a desexaba tanto coma nós.


viernes, 7 de marzo de 2008


As Xuventudes Socialistas da Coruña queremos amosar a nosa total repulsa á barbarie terrorista de ETA, así como o noso total apoio á familia da última vítima do terrorismo e ás familias de todas as vítimas.


Como demócratas, insistimos en que a unión de todos os que cremos no Estado de Dereito e no sistema democrático é imprescindible para derrotar a ETA. Só as vías pacíficas e democráticas son válidas, nunca a imposición e a violencia.
As forzas políticas democráticas, ante este execrable crime, suspenden os actos electorais en todo o Estado.



martes, 4 de marzo de 2008

ALMORZO CON CARMEN MARÓN


O sábado pasado, os mozos e mozas socialistas coruñeses disfrutamos dun almorzo sobre as políticas de mocidade coa número dous ao Congreso dos Deputados, Carmen Marón. Puidemos falar con ela sobre as nosas inquedanzas, sobre o feito ata agora polo Goberno e sobre os retos do futuro.


DEBATE NA SER


Ao día seguinte, domingo, produciuse no Coruñés Opina un debate electoral no que estaban representados os tres grandes partidos de Galicia polo seus números un ou dous de lista : Marón (PSOE), Jorquera (BNG) e Erias (PP).





Foi un bo debate, pero no que se produciron certas afirmacións por parte do lider do PP dignas de subliñar:


"El PP ha votado siempre lo mismo en Madrid que en Galicia"


"El Partido Popular estuvo siempre a favor del mayor autogobierno para Galicia"


"No defendemos una ampliación de la Ley del Aborto porque apoyamos la vida"



Algún día estará este recital entre as frases célebres da mala política de deritas galega...

ZP en A Coruña