sábado, 23 de agosto de 2008

Ex-Secretarios Xerais das Xuventudes Socialistas da Coruna (segunda parte): Alberto


Por que socialista?


Hai cousas que non se elixen. Eu atopei o Socialismo na vida. O teu entorno e a tua personalidade condicionante a levar un determinado modo de vida, e cando este coincide cos ideais socialistas e moi doado acabar militando e levando esa militancia a un dos eixos centrais da vida.

Cando e por que decidiches militar en XSG?


Cando tiña 16 anos. Fun un día con Loli a agrupación local de Lugo, gustoume o que vin e afilieime.

Como valoras a túa aportación ás XSG e á Agrupación Coruñesa?

A miña aportación foi a de calquera militante comprometido. Quedome co que as XSG me aportaron a min a traves de persoas as que coñecin nas XSG.

Que rectificarías e que mellorarías do teu labor como S. Xeral da Coruña?

Nada. Todo tivo o seu momento, algunhas cousas foron mellores a outras peores, pero fixemos o que tiñamos que facer. Puidenme ir antes...

O futuro do socialismo en Galicia, España e Europa?

A adaptación os tempos. Os novos retos. A realidade internacional.

Algo que che indigna.

O que todos supoñedes froito de facer do socialismo un modo de vivir, e Aznar, e velo e indignome, non me pasa con ninguen mais.

Un momento histórico que che gustaría vivir.


Ver Presidente/a da Xunta con maioria absoluta a alguen que sinta Galicia de verdade.

Un ideal político a acadar. A túa causa.

A igualdade do ser humano en todas as republicas democráticas de traballadores do mundo.

Un referente político e por que?


Loli, por que para iso é a nosa lider

Unha cita.

O novo testamento esta cheo de citas marabillosas de amor e fraternidade, dende poñer a outra meixela ata perdoar a crucifixión.

Unha bandeira.


A das XSG, por que nela se concentran o galegismo, o republicanismo e todos os valores que defenden os que creen nun mundo mellor.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Fostes un bo secretario xeral, e un referente polo menos para min.

Esta de coña a foto jeje, cun lado na sombra, un toque misterioso.

Un saudo
Edu

Galeguiña dijo...

Sin que sirva de precedente...

Sin lugar a dudas, el mejor Secretario General que tuvimos los militantes de la AALL de A Coruña.

Anita dijo...

Non podo dicir nada malo de ti. Fuches para min o mellor Secretario Xeral desta Agrupación. Es o referente a seguir por todos/as os /as que realmente se sintan socialistas e queiran traballar na súa agrupación para mellorar o lugar onde viven.