martes, 17 de junio de 2008

TERCEIRO ANIVERSARIO DO GOBERNO DO CAMBIO EN GALICIA



O vindeiro xoves 19, celebrarase o terceiro aniversario da victoria do cambio en Galicia.
No ano 2005, os galegos levaban máis dunha década baixo os gobernos Fraga. Uns gobernos que deixaron a Galicia á cola do tren do futuro. Ante esta situación, o pobo galego decidiu cambiar o rumbo político da nosa terra. O día 19 de xuño, os votos do PSdeG, máis os do BNG, superaban aos do PP, así como o número de escanos. Ante esta situación, só quedaba acordar pactos entre o segundo e o terceiro partido máis votado. E así foi: tras días de reunións e de consensos, comezou andar o Goberno do cambio.

Un Goberno que modificou, cara unhas posturas progresistas, as políticas económicas, migratorias, ambientais, laborais, do solo, industriais, territoriais e, sobre todo, as formas de facer goberno neste país. Un país que viviu case toda a súa historia (por non dicir toda) baixo gobernos conservadores e caciquís. Pero un país que soubo erguerse ante eses políticos para dicir BASTA! e situarse como unha das comunidades e rexións europeas que máis crece economicamente, onde descende máis o número de parados e onde o gasto social e en infraestruturas está a subir como nas rexións máis avanzadas.

Pero aínda queda moito por facer. Este tren do futuro aínda só está comezando a arrancar. Aínda queda 2008 para facer máis, e máis aló tamén queda moito futuro.

1 comentario:

Alonso81 dijo...

Si tiene mucho que hacer aún. Han hecho lo más que se puede hacer con una comunidad que estaba obsoleta, en la que no se sentía ser gallego, era mejor negarlo...

Yo creo el gobierno del cambio empezo bien pero ahora debe saber estar en el gobierno, que no es fácil.
Para mi Galicia si ha cambiado y para mejor, para peor era imposible, aunque los Gaviotas hacen de todo, y mal, pero creo que hay temas como la Sanidad( tema del que soy siempre muy pesado, pero tiene que mejorar, tanto a nivel ambulatorio como hospital), la cultura gallega (que aún no "sabemos" como darle ese empujon que necesita, esa ayudita para que la gente vea que nuestras raices estan llenas de una cultura extensa y buena,..., que tienen Ya que mejorar...