domingo, 29 de junio de 2008





Por que socialista? Por que para min o socialismo representa o modelo de sociedade, de mundo no que quero vivir: con respeto, liberdade, igualdade, solidariedade...

Cando e por que decidiches militar en XSG? O meu primeiro contacto con XSG foi ao chegar á Universidade. Coñecín a moitos e moitas compañeiros e compañeiras que me fixeron ver que para cambiar o mundo hai que moverse. E así decidín afiliarme porque xuntos/as podemos traballar mellor.

Como valoras a túa aportación ás XSG e á Agrupación Coruñesa? Esta pregunta é complicada, ou quedo de demasiado sobrada ou vou de modesta ... mmm... ha ha ha ... en serio, tódolos compañeiros e compañeiras de XSG son fundamentais no traballo diario das agrupacións locais. Eu aportei tódalas miñas ganas de traballar, toda a miña ilusión, as miñas ideas, o meu apoio en tódalas actividades... o mesmo que os/as demais.

Que rectificarías e que mellorarías do teu labor como S. Xeral da Coruña? Probablemente se voltase atrás tentaría de dispoñer de máis tempo para traballar pola agrupación, facer máis cousas... supoño que sempre cando rematas unha etapa da vida é cando veñen as ideas que deberían ter chegado antes...

O futuro do socialismo en Galicia, España e Europa? Pódese ver nas rúas, a xente cada día, sobre todo a mocidade cada vez están máis identificados co modelo socialista. Non queren un goberno adicado e preocupado a uns poucos, os avances nas políticas sociais, as melloras na sanidade, na educación... iso é o que a sociedade necesita e iso é o que ofrece o socialismo.

Algo que che indigna. Os ataques contra os dereitos fundamentais, a violencia, a mentira... en definitiva, os grandes males do mundo.

Un momento histórico que che gustaría vivir. O fin das desigualdades, da fame, das guerras...

Un ideal político a acadar. A túa causa. Un mundo mellor. Un mundo onde todos podamos crecer, estudar, traballar e vivir en paz e dignamente.

Un referente político e por que? Hai moitos... sempre tiven como referentes a tódalas persoas que loitaron sen medo pola súa liberdade porque crían nela, porque sabían que non podía ser de outra maneira.

Unha cita. “Saber é relativamente fácil. Querer e obrar acorde ao que un quixera é sempre máis duro” . É de Aldous Huxley.

Unha bandeira. A republicana.

3 comentarios:

Alonso81 dijo...

una Gran mujer, que tuve poco tiempo a conocer pero que sobra para saber lo que repito, una Gran mujer

david santos dijo...

EURO 2008

VIVA A ESPANHA!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

A foto vale para poñela nun cartel electoral. Que grande anita!!


Edu