miércoles, 4 de junio de 2008

Onte deuse a coñecer esta nova:

----------------------------------------------------------




O Goberno municipal impedirá a concentración de persoas nas zonas que declare como de Especial Protección durante o descanso nocturno



As concelleiras responsables das áreas de Igualdade e Participación e Medio Ambiente, Margarida Vázquez e Nieves Vázquez, presentaron a ordenanza para regular a convivencia e o ocio nos espazos públicos, que aborda os problemas derivados do denominado fenómeno do "botellón". O texto normativo será levado ao próximo pleno municipal para a súa aprobación definitiva.

A ordenanza ten por obxecto "regular o uso dos espazos públicos polos veciños, evitando unha utilización abusiva e excluínte deles que perturbe a normal convivencia cidadá". Para estes efectos enténdese como convivencia cidadá o dereito das persoas ao descanso nocturno regulado polas disposicións locais, autonómicas e estatais vixentes en materia de contaminación acústica e o cumprimento da ordenanza de xestión de residuos municipais e limpeza viaria, fundamentalmente.


Para logralo, o Concello "prohibe e consecuentemente impedirá, as concentracións de persoas na vía pública que alteren a normal convivencia cidadá, sempre que leven a cabo condutas que perturben o dereito das persoas ao descanso nocturno, entre as 22.00 e as 08.00 horas".


A ordenanza recolle así mesmo que, de conformidade coa Lei 2/1996 de Galicia está prohibida a venda ou subministración de bebidas alcohólicas a menores de 16 anos, e, no caso de bebidas alcohólicas de máis de 18 graos centesimais, aos menores de 18 anos. Prohíbeselles así mesmo aos establecementos comerciais, máquinas expendedoras, venda ambulante, ou calquera outra forma de expedición, a venda de bebidas alcohólicas entre as 22.00 e as 8.00 horas, co réxime de apertura que lle sexa de aplicación.


Éstablécese que o Concello fomentará o diálogo con organizacións xuvenís, de pais e nais, veciñais, etc., co fin de exercer un labor preventivo entre a mocidade no uso moderado do alcol e no respecto á contorna e á veciñanza.


Así mesmo, realizarase un labor preventivo en centros educativos, en colaboración coa Consellería de Educación e Sanidade da Xunta de Galicia, e levarán a cabo campañas sobre o consumo responsable de alcol e convivencia cívica e social.


Segundo recolle a ordenanza, será exixible a responsabilidade civil dos pais, nais ou persoas que resulten legalmente responsables dos menores de idade polos danos e prexuízos que os ditos menores causen. En todo caso, os pais, nais ou titores que resulten legalmente responsables recibirán comunicación das infraccións cometidas polos menores de idade ao seu cargo.






------------------------------------------------------------



Este é un asunto que nos afecta a todos os mozos e mozas coruñeses. Como mozos e mozas que sodes e membros de XSG, que opinades sobre este proxecto?


3 comentarios:

Alonso81 dijo...

Lo más Importante es CONCIENCIAR a la gente que el alcohol es malo, que hace daño y que NO hace falta beber para divertirse...No puede asociarse Salir de Marcha con beber...

Anónimo dijo...

A min pareceme lamentable, e creo que xuventudes debe facerlle chegar o concello a sua disconformidade, ben cunha nota de prensa, ou dirixíndonos directamente a eles.

Por certo, o prohibir as concentracións estas que molestan os veciños, estánse prohibindo as festas que se realizan no veran nos distintos barrios, xa que son grupos de persoas que molestan os que non participan.


Fdo.: Edu

Anónimo dijo...

Estou seguro de que as XSG farémoslle chegar a nosa queixa ao Concello. Non só pola normativa, senón por non contar connosco, como organización política e reperesentante da mocidade, á hora de elaborar a norma.

Berna