DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Como todos os anos, o 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Este ano é homenaxeado Xosé María Álvarez Blázquez, escritor cunha grande cantidade de obras nos diferentes xéneros.
Así e todo, destaca na lírica, sendo un dos máximos representantes do neotrobadorismo.
Canle Segredo (escrito entre 1951-53) tería incidido, de ser publicado naquel ano, sobre o proceso histórico da nosa poesía.
Pero o Día das Letras Galegas é máis. É unha data para reivindicar a normalización e o prestixio que merece a nosa lingua. Unha lingua que non está, aínda que algúns o neguen, ao mesmo nível có castelán. Pero unha lingua que merece o mesmo respecto.
Non é só hoxe cando hai que seguir defendo a nosa cultura e lingua, senón que debe ser un proceso diario. A normalización lingüística debe ser unha loita constante.
1 comentario:
Falta moito camiño...inda acabamos de empezar...15 anos perdidos...
Publicar un comentario