lunes, 26 de mayo de 2008

ARTIGO DE OPINIÓN: "UN ANO DE CONVIVENCIA"


Fai un ano celebráronse as eleccións locais na nosa cidade, A Coruña. O PSOE foi o partido máis votado e obtivo 11 concelleiros. O PP obtivo 10 e o BNG 6.


Nesa situación, coa perda da maioría absoluta por parte do PSOE, xurdiron tres posibles camiños a percorrer. A saber: gobernar en minoría con pactos puntuais coas outras forzas; pactar co PP; pactar co BNG.


Moitos defendimos a terceira opción(que foi finalmente a elixida) por tres razóns:


1-Por unha maior afinidade ideolóxica co BNG que co PP.


2-Por ser a opción que lle proporcionaba maior gobernabilidade e , polo tanto, estabilidade á Coruña.


3-Por ser a opción que máis se semellaba coa situación no Goberno da Xunta, liderado por Emilio Pérez Touriño.




Pois ben, os que defendimos esa vía, seguímola defendendo no presente. O goberno bipartito amosou unha certa estabilidade e unha alta capacidade para gobernar (para gobernar ben) sobre os intereses dos cidadáns e sobre os intereses globais da cidade (a curto, medio e longo prazo).


Nun goberno bipartido son normais as tensión, pero os partidos están obrigados a entenderse, do mesmo xeito que os cidadáns.


¿O futuro para estes tres anos? Os coruñeses e as coruñesas gozaremos dun bo porvir se temos un goberno bipartito que goberne do mesmo xeito como o estivo a facer ata agora.



BERNABÉ GONZÁLEZ

1 comentario:

Alonso81 dijo...

Yo creo que tienen mucho que hacer, y creo, el BNG se está enmarallando en temas que no tienen tanta importancia para la ciudadanía...pero claro, mejor que negreira, tello claro...pero hay que exigirle más, y a Losada también...Por ejemplo en el 800 años de la ciudad, que espero hagan más de lo que la prensa "dice" que harán...porque es un año especial...y a dia de hoy NO se ha notado...por ejemplo...también se podrá hablar del estado de las calles y tal...pero bueno...