Dende Coruña fomos Lucía e Bernabé, á parte dos nosos representantes na Executiva Nacional.
Neste Grupo presentáronse diversas e numerosas propostas para desenvolver na nosa propia Campaña. Foron moitas persoas, sobre unhas 26, pero a maior representación e máis activa foi a de Vigo. É certo que foi unha reunión moi fructífera, pero foi unha mágoa que dende Coruña non fora máis militancia e , deste modo, propuxéramos máis ideas e leváramos as rendas da reunión coas nosas propostas.
Deste modo, pedímosvos unha maior participacións nas actividades, na medida das vosas posibilidades, nos actos que desenvolvamos no futuro e, sobre todo, na Campaña Electoral.
Finalmente, recibiredes en breves un resumo das propostas nos vosos correos. O Grupo de Traballo non está pechado, toda persoa que desexe colaborar e participar nas seguintes reunións pode.
Bernabé González
Secretario de Comunicación e Formación
No hay comentarios:
Publicar un comentario