domingo, 15 de marzo de 2009

Sumando ideas





Os socialistas galegos debemos facer unha profunda reflexión sobre a mensaxe que a cidadanía de Galicia nos transmitiu o pasado 1-M, e ao tempo dar un paso adiante.
Facelo esíxenos lembrar e defender os avances acadados nestes catro anos, pero tamén recoñecer e emendar os erros cometidos na nosa acción política.
Non debemos esquecer que máis de medio millón de galegas e galegos depositaron a súa confianza no proxecto dos socialistas de Galicia. Merecen atopar en nós un novo camiño e unha proposta maioritaria, de presente e de futuro, que canalice as inquedanzas dunha parte moi importante da sociedade galega.
Esta confianza tamén nos esixe un esforzo encamiñado a consolidar e aumentar o apoio recibido, a ensanchar e converter ao PSdeG-PSOE nun partido maioritario, forte e con grande presenza na sociedade galega, representativo da maioría social do noso país.
Para isto necesitamos facer unha serena pero profunda renovación das estruturas organizativas e do modelo de partido, co obxecto de facer posible a extensión e penetración do PSdeG no conxunto do territorio e nas redes sociais e económicas de Galicia, estando presente en tódolos ámbitos da sociedade galega e potenciando o papel dos/as militantes socialistas, da súa participación interna e externa, como verdadeiros activos do noso proxecto político. O PSdeG ten que ser un bo reflexo da maioría social deste país.
Como primeiro paso aspiramos a fomentar un debate de ideas e propostas de cara ó Congreso Extraordinario do 25 de Abril, onde teñan cabida a autocrítica e a discrepancia, pero afastándonos de actitudes cainitas e sen permitir que a dereita marque os nosos debates e a nosa axenda política.
Queremos facer do PSdeG un partido forte, sen complexos, asentado nos valores do socialismo democrático cun proxecto autónomo. Ser a referencia galega da esquerda, alí onde se ubican milleiros de cidadás e cidadáns do noso país que cren na liberdade, na igualdade, na solidariedade e na xustiza social.
A través deste manifesto pretendemos promover o debate e o contraste de alternativas. Facemos un chamamento á participación colectiva de toda a militancia e da cidadanía para fortalecer un proxecto socialista que se asente na defensa coherente e decidida dos principios e os valores progresistas que vertebran o conxunto das democracias avanzadas.
Para nós falar do socialismo galego equivale a defender unha sociedade cunha universal igualdade de oportunidades, independentemente das nosas diferentes orixes sociais; plena liberdade para exercelas, suprimindo todas as barreiras que as impiden ou dificultan; e coa férrea xenerosidade e solidariedade de todo o País cando a oportunidade deriva en dificultade.
O socialismo e o galeguismo son e seguirán sendo referencias ideolóxicas esenciais do PSdeG e das que deben partir as políticas e propostas da nosa acción política.
A defensa dos servizos públicos ten que ser unha prioridade, facendo posible unha sanidade pública que compatibilice a atención sanitaria de calidade cos dereitos de atención ao paciente e apostando por unha educación pública de calidade, nun país no que o ensino sirva para acadar unha sociedade libre, crítica, con sólidos valores democráticos e altas oportunidades de progreso.
Falamos dunha educación pública na que as bolsas favorezan a igualdade de oportunidades e na que o relevante non sexan a vestimenta que leven as nenas e os nenos no centro escolar, senón a calidade da educación que reciben.
Unha Galicia políglota, na que se eduque aos nosos fillos/as en galego e castelán, garantindo o coñecemento e correcto uso de ambas linguas ó rematar o ensino obrigatorio e aberta á incorporación de terceiras linguas. Un País sen divisións entre iguais nin imposicións e onde a nosa cultura sexa unha importante oportunidade de proxección exterior.
Queremos unha sociedade cunha envexable calidade democrática, con regras de xogo claramente definidas na relación dos responsables políticos cos poderes económicos e na regulación transparente das axudas públicas ó mercado da información e da comunicación, onde a reforma dos medios públicos de comunicación sexa unha prioridade política e social.
Conseguilo require dun partido mellor conectado coa sociedade: capaz de incorporar as voces e as vontades progresistas presentes na sociedade civil, e onde a militancia, o maior activo do noso proxecto político, asuma maior protagonismo e impulse o partido co seu traballo, a súa capacidade e a súa ilusión.
Pola gran responsabilidade que o tempo nos depara, para cumprir coas expectativas postas na labor de oposición e para sermos alternativa crible de goberno, necesitamos de experiencia e renovación. Temos que asumir como propias as novas realidades sociais, sumar a achega da valiosa experiencia institucional que o noso partido atesoura e facer efectiva a incorporación das xeracións máis novas.
É a hora de ofrecerlle á sociedade galega un proxecto socialista maioritario e renovado, un proxecto ilusionante, que marque novas metas para transformar a fondo Galicia. É a hora de traballar todos xuntos, unidos, sumando ideas para o socialismo galego!
Que comece o debate!

lunes, 23 de febrero de 2009

sábado, 31 de enero de 2009

miércoles, 26 de noviembre de 2008



Levaba tempo sen escribir, non porque non tivera nada que dicir, senón porque non tiña tempo para sentarme a reflexionar.
Sen embargo, estas declaracións de Rouco Varela, "El brazo incorrupto de la Iglesia", fixénrome ferver o sangue.
Que non pasen desapercibidas estas declaracións, por favor: "Las bodas entre homosexuales van contra todas las civilizaciones" (Rouco Dixit)
Para o presidente da CEE o matrimonio entre persoas do mesmo sexo "tiene que ver con una concepción del hombre que habría que rectificar".
Non contento con iso, Rouco defendeu onte un referéndum para o matrimonio gay (igual que se fixo en algúns Estados norteamericanos).
A miña pregunta é a seguinte:
¿Se tiveran liberdade de expresión real, que estarían a dicir os curas e as monxas?
¿E qué opinará de todo isto a dereita española?
Moi rápido saíron a criticar á "Reina Sofía" (cuxas opinións tamén eu considero preocupantes), máis as declaracións de Rouco son incluso peores, e ningún popular saiu a rectificalo.
Umm... parece que algúns empregan dúas varas para medir...
Isabel Lema (10 - Novembro - 08)

martes, 25 de noviembre de 2008

Dende a Secretaría de Emprego e Vivenda, recomendámosvos a información sobre emprego e xénero que se atopa na páxina web do Instituto Germinal: http://www.institutogerminal.blogspot.com/ .


González Fernández, Bernabé
Secretario de Emprego e Vivenda

viernes, 7 de noviembre de 2008

Os concellos e as comunidades autónomas teñen solo para construir agora mesmo 225.000 viviendas de protección oficial e máis de 700.000 familias demandan este tipo de casa.

É o primeiro informe destas características que se realiza en España. A FEMP asegura que os concellos dispoñen para os próximos catro anos de solo para a construcción de 150.000 viviendas protexidas e as CCAA para outras 75.000.

Este solo conta xa con todos os permisos para comezar a construir xa, pero poderíase ampliar para albergar un total de 400.000 viviendas. Por outra banda, os concellos tamén calcularon que hai máis de 760.000 familias demandantes deeste tipo de construcción no noso país.

A FEMP entende así que os concellos poden utilizar o seu solo para cubrir esa demanda, reactivar a economía e xerar emprego.

Segundo o informe, as CCAA que dispoñen de máis solo para a construcción de VPO son Andalucía, Madrid e País Vasco, mentras que nas que existe unha maior demanda deste modelo de casas son Cataluña, Valencia e Andalucía.


Bernabé González Fernández
Secretario de Emprego e Vivenda

miércoles, 29 de octubre de 2008

O 61% DOS TRABALLADORES TEÑEN UN EMPREGO SEN RELACIÓN COS SEUS ESTUDOS

Seis de cada dez traballadores teñen un emprego "pouco ou nada" relacionado cos seus estudos e para o 23% deles o motivo é que o seu posto actual está mellor retribuido que aqueles máis ligados á súa formación académica, informou a empresa de recursos humanos Alta Gestión.

O 39% dos enquisados argumenta tamén como motivo non ter atopado un posto acorde coa súa formación. Un 11% explica que ao comezar a traballar no que estudara deuse conta de que non era o que lle gustaba.

Por sexos, case a metade das mulleres atoparon un traballo acorde cos seus estudos, frente ao 29% dos homes.

Por idades, os mozos entre 18 e 24 anos e os maiores de 45 son os que afirman desenvolver, na súa maior parte, traballos non relacionados cos seus estudos.

No que se refire á distribución xeográfica, os vascos son os que teñen en maior medida un traballo acorde coa súa formación (59%). En cambio, os galegos somos os antepenúltimos (24%).


Bernabé González
Secretario de Emprego e Vivenda

lunes, 29 de septiembre de 2008

premios " 25 años de participación juveníl en democracia CJE"

O CJE, cumple 25 anos, e para celebralo, acaba de convocar os premios " 25 años de participación juveníl en democracia CJE"

Se tes entre 14 e 30 anos, podes participar neste concurso ata o 14 de novembro.

Para isto só tes que representar a importancia da participación xuvenil dentro da nosa sociedade a través dunha reportaxe periodística(2.000 euros de premio e publicación), dunha tira de Cómic(1.500 euros de premio e publicación) ou dunha fotografía a toda cor (1.000 euros e publicación).



Animádevos a participar!!!

CJE 25 años - Bases concurso

jueves, 25 de septiembre de 2008

As X.S.G da Coruña convocan para o día 10 de outubro unha asemblea ordinaria.

Saúde, socialismo e república!

martes, 23 de septiembre de 2008

O próximo xoves 25 de setembro, ás 20:00 horas, na sede da "Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos" (R/San Andrés, 36), o Alcalde da Coruña pronunciará a conferencia "A Coruña, hoy" dentro do ciclo "A Coruña, presente y futuro. 800 Aniversario".