lunes, 28 de julio de 2008


FIN DO 11º CONGRESO DO PSdeG



O domingo 26 clausurouse o 11º Congreso do PSdeG. Neste Congreso, celebrado en Santiago, foi elixido como Secretario Xeral Emilio Pérez Touriño. Renovouse a Executiva Nacional e entraron caras novas. Ente elas: Loli, Secretaria Xeral de XSG; o noso compañeiro Iván e alcalde de Fene; e Mar Barcón, Secretaria de Organización da Agrupación Coruñesa e, dende agora, Secretaria de Organización do PSdeG.



Como é habitual, creáronse diversas comisións para enmendar diferentes aspectos da Ponencia Marco.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Boas quixera expoñer a miña opinión sobre dous comentarios que sairon na Voz de Galicia, durante o congreso.

1. "A quien quiera jugar con suceder a Touriño puede sucederle algo".

Lamentable comentario que a voz citou como anónimo..., menos mal para o que o dixo. Nin que fóramos unha panda de mafiosos no PSdeG.


E logo, inda que é posible que sexa a opinión de moitos integrantes das XSG, a min paréceme unha barbaridade a seguinte afirmación de Loli, a nosa secretaria xeral: "Lexitimar a prostitución é lexitimar a violencia contra as mulleres".

Gustaríame saber a vosa opinión sobre estos comentarios. Gracias.



Edu