DÍA NACIONAL DE GALICIA
Mañá, 25 de xullo, celébrase o Día Nacional de Galicia. Unha festividade na que se celebra o caracter nacional de Galicia e onde se reivindica unha maior autonomía política para a nosa Terra.
Neste momento, Galicia e os socialistas estamos a pasar por un proceso de reflexión política a cerca do noso futuro. Os socialistas, como unha parte da poboación galega, reivindicamos un Estado federal onde se recoñeza a identidade propia de Galicia. O día de mañá é perfecto para insistir no que somos: federalistas e galeguistas. Cremos nestes conceptos, xa que pensamos que son os máis xustos e os que necesita a nosa Terra para seguir mellorando e para ser un dos centros da vangarda social e económica de España e de Europa.
No día de mañá tamén debemos facer fincapé no noso desexo de dotarnos dun mellor Estatuto. Un Estatuto que conteña os principios socialistas, federalistas e galeguistas. Un gran Estatuto para unha GRAN TERRA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario