domingo, 15 de junio de 2008

ARTIGO DE OPINIÓN: UROPA?




O pasado xoves, Irlanda dixo NON ao Tratado de Lisboa. Fai un par de anos, Francia e Holanda tamén dixeran NON. A que se debe esta situación?

As causas son diversas e, posiblemente, moi difíciles de determinar. Probablemente, en ámbolos tres casos sexa un rexeitamento ás políticas neoliberais da UE. Unhas políticas máis preocupadas polos intereses do capital e polos “intereses” dos estados. Pero, tamén é (e cada vez cobra máis forza esta hipótese) un rexeitamento á chamada burocracia europea. Un rexeitamento a ese distanciamento dos políticos e burócratas europeos co pobo. Un distanciamento aínda maior que o que existe na política interna dos estados.Porque, quen sabe realmente que aporta este Tratado? Quen sabe que é e que pode aportar a UE no futuro?


Evidentemente, ámbolos tres casos non son un exemplo de “euroscepticism”, pero si dese crecente eurodistanciamento. A esta situación só cabe exporse, que Europa queremos para o século XXI? Que relación debe haber entre os políticos e os cidadáns?

Por certo, realmente recae a vontade dos pobos soberanos sobre os parlamentos? Digo eu que se votaran no Dáil Éireann (Parlamento Irlandés) sairía un NON ao Tratado...non?








Bernabé González

No hay comentarios: