domingo, 13 de abril de 2008



Fai 77 anos, o 14 de abril de 1931, proclamouse a II República española. Durante oito anos, España avanzou ou, polo menos intentouno, na democratización, no maior benestar social, na maior existencia de igualdades e liberdades da cidadanía, que tanto reclamaba os seus dereitos tras décadas de opresión e imposición.

Unha República que se veu truncada polo odio ás liberdades e aos dereitos democráticos. Un República que foi esnaquizada por aqueles que guiaron o rumbo de España durante corenta anos baixo a forza do fusil e o silencio da Ditadura.

O espírito republicano foi recuperado e adaptado trala chegada da democracia, pero aínda queda moito por facer. As Xuventudes Socialistas e os mozos e mozas socialistas coruñeses (que tanto fixeron pola República décadas atrás), seguen comprometidos co espírito republicano e co tipo de Xefe de Estado que existe nunha república, o Presidente da República.

As Xuventudes Socialistas seguirán loitando por unha III República de todos e todas os cidadáns e cidadás. Un república fundada sobre a vontade do pobo, sobre os principios de liberdade, democracia, igualdade, benestar social, pluralismo político e federalismo.




Saúde, Socialismo e República!

No hay comentarios: