jueves, 1 de mayo de 2008


UN ANO MÁIS LOITANDO POLOS NOSOS DEREITOS!!!
Como todos os anos, o primeiro de maio é o día internacional do traballador. As XSG, como organización política xuvenil socialista, súmase ás reivindicacións laborais dos traballadores.
Agora, no século XXI, os retos son diferentes no noso Estado (igualdade entre homes e mulleres, menor traballo temporal, maior productividade...), pero hai que lembrar que na maior parte do mundo as inxustizas seguen existindo, e ata que desaparezcan loitar pola igualdade seguirá sendo imprescindible.
Entre as mulleres, mozos e inmigrantes estas desigualdades son aínda maiores.
Na nosa cidade, A Coruña, os sindicatos e as diversas organizacións políticas de esquerdas, entre as que nos incluímos, saen hoxe á rúa para reivindicar o que nos pertence: OS NOSOS DEREITOS LABORAIS

No hay comentarios: