viernes, 28 de marzo de 2008

O que nos deparou o 9-M

Levamos xa moitos días de intensos análises sobre o resultado das Xerais. É evidente o aumento do bipartidismo, aínda que nun principio parecía case imposible o aumento dos dous grandes partidos simultaneamente. ¿A quen prexudica? Ó nacionalismo principalmente, pero non hai que esquecer o caso de IU, principal prexudicada pola inxusta lei electoral que debe ser modificada nesta lexislatura.

O discurso do PP calou entre moita xente e, grazas a isto, puido mellorar os seus resultados. Sen embargo, se analizamos as comunidades onde ascendeu levámonos cunha sorpresa: soamente naquelas onde xa era forza hexemónica, como Madrid, Murcia e Valencia , Rajoy convenceu á dereita e non gañou ningún voto pola esquerda. No resto de España, salvo excepcións, baixou en apoios, aínda que non en número de escanos. Non volverán gobernar mentres non arranxen o problema que teñen en Cataluña e Euskadi, onde non son ás veces nin a terceira forza política. No caso de Andalucía xa deron mostras de cambiar o seu desastre habitual.

Polo contrario, o PSOE subiu máis homoxeneamente en toda España, sobre todo en Euskadi e Cataluña. ¿Que quedou do ‘Se Rompe España’?

Caso destacable é tamén o de Rosa Díez, con máis de 300.000 apoios en todo o Estado e só un escano por Madrid. Algúns expertos din que prexudicou máis á esquerda, visto o descenso do PSOE e IU en Madrid, pero diferentes estudos din que sacou votos sobre todo en barrios de clase media - alta, onde descendeu o PP. Haberá que ver a quen apoia ó longo da lexislatura e se consolida a terceira vía que tanto propaga. Case me esquecía, se a lei electoral fora máis xusta UPyD tería 4 escanos… ¿deberiamos preocuparnos?


Pablo Otero
S. de Educación e Universidade

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Como ben dis, UPyD pasaría a ter 4 escanos. Pero, o caso de IU e aínda máis escandaloso: pasaría de ter 3 a 15 escanos se aplicamos outros xeitos de distribución de escanos máis proporcionais e, polo tanto, máis xustos e democráticos.

Non é certo, como se quere dicir moitas veces, que os partidos nacionalistas e independentistas son os que saen actualmente máis beneficiados co sistema electoral. Son realmente os dous grandes partidos. Aplicando un sistma xusto (que asegure a proporcionalidade e a gobernabilidade), os partidos nacionalistas e independentistas seguirían máis ou menos como ata agora. Os grandes partidos baixarían en número de escanos e os pequenos partidos de corte estatal (IU e UPyD) son os que aumentarían significativamente a súa representación parlamentaria, sendo, ademais, máis xusta.

É bastante improbable que a Lei Electoral se reforme nesta lexistatura, xa que o debate proposto por IU foi rexeitado polo PSOE (facendo que as súas relacións parlamentarias se vexan disminuidas nesta lexislatura, a favor de partidos como o BNG e o PNV).

Aínda así, estou seguro de que co paso dos anos (4,8,10...) esta Lei Electoral (incluíndo probablemente algunha reforma costitucionl necesaria)terase que levar adiante. Os cidadáns vano reclamar e os políticos non van poder facer oídos xordos ás demandas.


Bernabé

Anónimo dijo...

Una pregunta, podriais explicarme un poko por encima la ley esa, es decir, en que punto es donde se "benefician" mas los grandes partidos

Gracias

Anónimo dijo...

Otra cosa, para registrarse en pagina de las juventudes galicia, como hago? es que soy mu malo con esto del internet y tal..Gracias

Anónimo dijo...

Para Alonso81:

Benefícianse polo sistema de distribución de escanos(os dous escanos mínimos por provincia que indica a Constitución. Tamén porque a cirscunscripción electoral é prOvincial). O número de esacanos que reciben non é proporcional (é maior) ao número de votos que teñen.


Sobre o da páxina das XSG, non podes ter acceso a ela(está restrinxida para os seus administradores). Sobre o da páxina das XSG-A Coruña, só nos tes que mandar un correo (cun texto, fotos, ideas, ligazóns...o que desexes) e nos o engadiremos á páxina.

Saúdos!

Bernabé

Ote! dijo...

podeis añadir mi blog a los links plis?